Sucesos

Catro mortos e 85 personas ingresadas en Galicia, 25 delas na UCI, por mor da gripe

O número de mortos en Galicia polo virus da gripe, que se atopa no pico desta afectación elevouse a catro tras perder a vida, nos últimos cinco días, outras tres persoas. Todas elas presentaban factores de risco.

Segundo o Servizo Galego de Saúde (Sergas), este martes había 85 pacientes ingresados por gripe nos hospitais galegos, dos cales 25 atópanse na Unidade de Coidados Intensivos (UCI).

Ademais, tras o primeiro falecemento rexistrado o pasado xoves no Complexo Hospitalario de Pontevedra, faleceu outro paciente no Hospital Lucus Augusti de Lugo, outro no Arquitecto Marcide de Ferrol e un máis no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

Hai días, o subdirector xeral de Información sobre Saúde e Epidemioloxía de la Consellería de Sanidade, Xurxo Hervada, lembrou que Galicia rexistra unha media de dez falecementos en cada campaña relacionados con este virus, mentres que a media de ingresos se eleva a entre 230 e 240.

 

También te puede interesar