Comarcas

Os palistas galegos medirán o seu estado de forma, esta fin de semana en Verducido

Verducido será o escenario este sábado, día 1 de brebreiro, e o domingo, 2, dunha proba amigable organizada pola Federación Galega de Piragüismo, de 5.000 metros, destinada ás categorías de cadetes, xuvenís, seniors e veteráns.

A saída, o sábado, realizarase a partir das 10 e media da mañá segundo o seguinte horario: 10:30.- Kaiak home, senior e vetarano; 11:10 h.- Kaiak home, junior; 11:12.- Kaiak home, cadete; 11:50.- Canoa home, veteran, senior, junior e cadete; 12:30.- Kaiak muller, senior, junior e cadete; 12:32.- Canoa muller, sénior, junior e cadete.

A distancia total da proba será de 5 quilómetros nun percorrido dunha volta sobre 1.000 metros e dúas voltas sobre 750 metros, as ciabogas serán no sentido contrario ás agullas do reloxo.

Cada clube poderá inscribir o número de deportistas que desexe, por modalidades e categorías.

O domingo, día 2, chegará o turno dos infantís co seguinte horario: 10:30 Kaiak homa, infantil A; 10:33.- Kaiak muller, infantil A; 11:20.- kaiak home, infantil B; 11:23.- kaiak muller, infantil B; 12:40.- Canoa home, infantile A e B; 12:43.- Canoa muller.

Para Kaiak home, muller e Canoa home, a distancia total da proba será de 5 quilómetros, cun percorrido de unha volta sobre 1.000 metros e dúas voltas sobre 750. Para Canoa muller, a distancia total será de 3 quilómetros e medio, nun percorrido de unha volta de 1.000 metros e outra sobre 750 e as ciabogas serán no sentido contrario ás agullas do reloxo.

 

También te puede interesar