Galicia

O temporal ‘Qumaira’ deixa sen luz a milleiros de personas

Milleiros de fogares – especialmente nas provincias de A Coruña e Pontevedra- quedaron sen suministro eléctrico ao longo de todo o día, por mor do temporal que está a azoutar Galicia, con Pontevedra e A Coruña como as provincias máis prexudicadas.

A primeira hora da tarde, segundo Fenosa, abía abertas incidencias en ducias de lugares do país, especialmente pola caída de árbores sobre o tendido eléctrico.

Chandebrito, en Nigrán, levouse a peor parte logo de que se cortase o suministro a 1.500 clientes de Fenosa que estiveron sen luz dende as 10 e media da mañá ata pasada a 1 da tarde. Tamén rexistráronse cortes en Sanxenxo, en varias zonas de Vigo – especialmente en Valladares ainda que houbo cortes intermitentes en varias partes do centro- que afectaron a uns 500 abonados.

Na provincia de A Coruña, os cortes deixaron sen luz a 1.157 vivendas de Ferrol, preto de 1.000 de Boiro e algo máis de 700 de Carballo.

 

También te puede interesar