Vigo al minuto

O alcalde convocará á oposición para que o Concello pida o indulto dos sindicalistas condenados a 3 anos de cadea

O alcalde cos sindicalistas, este venres

O alcalde comprometeuse este venres a pedir ao Goberno que aprobe a petición de indulto dos sindicalistas da CIG e UGT, Serafín Rodríguez e Carlos Rivas, condenados a tres anos de cadea por formar parte dun piquete na folga do ano 2008.

Logo dunha xuntanza cos propios condenados e con representantes dos tres sindicatos, Abel Caballero, subliñou en rolda de prensa que acata a sentenza xudicial pero que “neste caso sí que procede o indulto” polo que, adiantou, convocará aos partidos da oposición no concello- PP e BNG- para ter o seu apoio nesta xestión.

Esta iniciativa súmase á reclamación da voceira do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, quen, nunha proposición non de lei, pediu o indulto, e a de UGT, CCOO e CIG que, xa pedirán o mesmo o martes e que convocaron unha manifestación para o vindeiro domingo, día 9, que sairá ás 11 e media da mañá da Praza de España.

 

También te puede interesar