Axentes da Policía Local detiveron a I.C.B, unha rapaza de 28 anos, como presunta autora dun delito de ameazas e intento de agresión con arma branca a outra muller.
Segundo fontes do 092, o luns, pasadas as 5 e media da tarde, recibiuse unha chamada en xefatura na que se avisaba de que no bar ‘La Plaza’, en Teófilo Llorente, se refuxiara unha muller ao ser ameazada de morte por unha parella.
Unha vez no lugar, os axentes falaron coa muller quen explicou que, cando paseaba os seus cans xunto a unha amiga, foi ameazada de morte por unha moza que se atopaba acompañada por un home. Ademais, asegurou que a presunta agresora tentou achegarse a ela cunha navalla mentres lle dicía que a ía matar.
Logo de dicirlle que ía chamar a policía, saíu correndo a refuxiarse no interior do devandito bar. Xa alí, facilitou aos policías a descrición física e da vestimenta da agresora e o seu acompañante, co que os efectivos policiais puideron localizar á parella minutos despois, na confluencia das rúas Eduardo Chao con Méndez Núñez.
Os axentes rexistraron o bolso da muller no interior da cal atoparon a arma branca coa que supostamente ameazara á vítima, polo que procederon ao seu arresto.