Investigadores do departamento de Enxeñaría Telemática da Universidade de Vigo e persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) participan nun proxecto para desenvolver un sistema de control para os alimentos que se subministran a pacientes por vía intravenosa a través de códigos QR.
Esta iniciativa, liderada pola Universidade Miguel Hernández, de Alacante, ten o propósito de que os facultativos poidan coñecer coa composición dos alimentos e dos medicamentos parenterales con só achegar os seus teléfonos móbiles a estes códigos de barras bidimensionais de lectura rápida.
Trátase dun proxecto cunha duración de tres anos, tempo no que esperan crear “unha grande base de datos” con información que será cruzada despois, de forma que o especialista poida acceder dende o seu teléfono á historia clínica do paciente.
O equipo de investigación seleccionou os códigos QR por “ser unha tecnoloxía aberta, accesible, práctica, sinxela e funcional”, aínda que, segundo explicou o profesor e investigador de AtlanTIC Luis Álvarez Sabucedo, os enxeñeiros non descartan empregar outros soportes telemáticos para adquirir e procesar a información.