Vigo al minuto

Convocada folga no Ensino, o xoves

As organizacións estudantís galegas Comités, Liga e Agir convocan folga no ensino contra a LOMCE e os recortes este xoves día 20, “xornada na que tamén se celeberarán manifestacións por todo o país”. Dende a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público se “fai un chamamento os centros e o profesorado para que faciliten a participación do estudantado no paro e nas mobilizacións”.

Segundo explicaron as organizacións convocantes, a folga ten como obxectivo denunciar os recortes na educación e as consecuencias que traerá consigo a aplicación da LOMCE – a coñecida coma Lei Wert- polo que ten de “privatizadora, clasista, confesional, españolizadora e uniformizadora”, que non son outras que “o desmantelamento do ensino público galego”.

Diante disto, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público anima ao profesorado a que, na medida das súas posibilidades, tamén participe nas mobilizacións convocadas, entre elas a de Vigo- as 12 na Praza de América-.

 

También te puede interesar