Galicia

A morte dunha muller en Vigo eleva a 25 o número de mortos en Galicia pola gripe

A morte dunha muller ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) eleva a 25 o número de pacientes falecidos en Galicia en relación co virus da gripe. Segundo a información facilitada pola Consellería de Sanidade, a última paciente falecida estaba ingresada no Chuvi e presentaba factores de risco.

Así, o novo falecido en Vigo súmase a outros 24 pacientes que morreran ingresados en hospitais de Ourense, 1, Vigo 5, Santiago, 2, Lugo, 1, Ferrol, 3, Pontevedra, 3 e A Coruña, 9.

Este mércores, o número de pacientes ingresados en hospitais de Galicia debido ao virus da gripe é de 122, dos cales 29 atópanse na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) dos centros correspondentes.

 

Te podría interesar