Galicia

En Galicia 22.500 alumnos disporán de portátiles nas aulas para fomentar o ensino virtual

A plataforma de contidos dixitais que beneficiará a 22.500 estudantes, desenvólverase ao longo de tres anos, aforrando 4,5 millóns de euros. Os alumnos poderán acceder a contidos curriculares así como informacións elaboradas polos propios docentes dos centros educativos.

A medida comezará o vindeiro curso 2014-2015 coa incorporación de 2.500 alumnos de 5º de primaria e de 1º da ESO. No 2015-2016, a previsión é que a plataforma alcance os 7.500 rapaces incorporando 5º e 6º de primaria. No terceiro ano, increméntanse 12.500 estudantes ata completar a cifra total dos 22.500 beneficiarios.

Nos vindeiros días, a Xunta publicará a convocatoria para que os centros interesados participen na iniciativa. As escolas deberán adscribirse á rede Abalar, sendo necesaria unha conexión de datos cunha velocidade mínima de baixada dos 2 Mbps aos 10 Mbps. Ademáis, é imprescindible a presentación dun proxecto e propoñer un coordinador para o propósito educativo.

También te puede interesar