Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer másAs obras do Meixoeiro empezarán en verán
A conselleira de Sanidade afirmou este mércores que que as obras de mellora no hospital Meixoeiro, para arranxar os graves desperfectos que obrigaron a pechar ata 36 camas, “empezarán nos meses de verán, se o tempo acompaña”, despois de que, como defendeu, se adiantasen as actuacións debido á deterioración do centro.
En resposta á deputada de AGE Eva Solla, Rocío Mosquera explicou que o pasado ano se acometera unha actuación na fachada do centro posto que a acción integral estaba prevista para cando se puxese en funcionamento o novo hospital de Vigo. Non obstante, continuou a súa explicación, a Xunta decidiu adiantar as actuacións posto que a situación se complicou debido aos temporais que se sucederon este inverno.
A conselleira de Sanidade pediu “desculpas aos profesionais polas incomodidades” e engadiu que “malia os paus nas rodas e as dificultades económicas”, as obras faranse antes do que inicialmente estaba previsto.
As circunstancias nas que se atopa o Meixoeiro foron descritas pola parlamentaria e Alternativa Galega de Esquerda, que falou de problemas dende hai “dez anos” con “tuppers para recoller goteiras” entre os falsos teitos ou “chuvia nos corredores”.
Rocío Mosquera asegurou que xa se está a traballar na “avaliación dos danos” e se iniciaron os trámites para a “inmediata” realización das obras, ademáis lembrou que se tiveron que pechar ata 36 camas, a mediados de febreiro, “pero no momento actual xa están abertas o 50 % delas” e subliñou que se habilitaron camas no hospital Cíes para dez personas.