Os Bombeiros terán parques ‘novos’. A Xunta de Goberno Local aprobará este venres a remodelación do Parque de Bombeiros de Teis e as obras empezarán a semana que ven para rematar en outobro. O obxectivo é, ademáis de acabar cunhas instalación que están nun estado deficiente, mellorar a operatividade dos servizos que prestan os 120 bombeiros que hai na cidade.
O parque reformado disporá dun novo espazo de cocheras único e diferenciado, agrandarase o acceso dos vehículos- co cal garántese o funcionamento de toda a flota ao mesmo tempo– agruparanse os espazos adicados a control, tareas administrativas, docentes e do persoal e estableceranse comunicacións verticais axeitadas para facilitar a mobilidade.
Cando remate a remodelación do Parque de Teis empezarán os traballos de mellora das instalacións de Balaídos que sufrirán unha “transformación profunda” que fará que o mesmo- dado que está no centro de Vigo- pase a ser o parque central da cidade, “acollendo no futuro o groso da dotación de Bombeiros”.