É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másO idioma no que estudian os nenos, en mans dos seus pais
O borrador está listo e a chave do idioma a terán os pais. Serán eles quenes decidan anualmente a lingua predominante a utilizar nas aulas de educación infantil, mentres que no caso de primaria e secundaria poderán modificar a asignación lingüística nalgunhas materias sempre que a decisión se tome por maioría absoluta.
As primeiras pinceladas do decreto do plurilingüismo, elaborado tras consultar a 30 entidades políticas, sociais e económicas, deixa aberta a porta a unha introdución gradual “e voluntaria” de linguas estranxeiras, preferiblemente do inglés, ata ocupar un tercio das materias. Con isto, o Goberno da Xunta cre que se garantiza o máximo equilibrio posible entre galego e castelán.
Este anteproxecto, con 4 capítulos e 23 artigos, establece que o profesorado usará a lingua materna elexida polos pais do alumnado cada ano en educación infantil, aínda que terá que asegurarse de que os pequechos adquiren competencias na outra lingua oficial. O decreto deixa Coñecemento do Medio en galego e Matemáticas en castelán en Primaria e, nos cursos de Secundaria, daráse Ciencias Sociais, Naturais e Bioloxía en galego, mentres que Matemáticas, Tecnoloxía e Física e Química serán en castelán. O resto de asinaturas o deixan a elección dos centros.
Ademáis, a Xunta pretende realizar un programa regular de actividades para fomentar o galego para cumprir coa Lei de Normalización Lingüística de 1983. A norma podería pórse en marcha xa no vindeiro curso, substituindo ao decreto 124/2007 impulsado pola goberno autonómico anterior, formado por PSOE e BNG.
Protestas
As primeiras protestas non se fixeron esperar. Antes incluso de que se comunicaran as novidades deste decreto, un centenar de persoas da plataforma Queremos Galego concentrouse diante da sede da Xunta en Santiago como símbolo de protesta polo anteproxecto de decreto lingüístico na ensinanza e pedir a dimisión do secretario xeral de Política Lingüística.
A plataforma chama á desobediencia da norma por parte dos profesores e convocaranse concentracións en todas as comarcas como rexeitamento á iniciativa, ademáis de valorar todas as posibilidades xurídicas dun decreto que contradí o Estatuto de Autonomía, o Plan Xeral de Normalización Lingüística e a Carta Europea das Linguas Rexionais.