A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de Vigo ven de facer un chamamento á cidadanía a participar na Manifestación do mércores 26 de marzo, ás 8 da tarde, desde o Hospital Xeral.
“Os recortes en prestacións, servizos, persoal, privatizacións e copagos, a ausencia de negociación cos sectores afectados e o deterioro na sanidade pública”, segundo indican os convocantes- CCOO, CESM-OMEGA, CIG, CSI-F, SAE e UGT – que subliñan que a mesma concentración farase ao tempo en todas as áreas sanitarias de Galicia.