Galicia

O Sindicato de Estudantes chama á folga este mércores e mañá, xoves

Todos os alumnos do ensino de Galicia- dende 3º da ESO- están chamados á folga este mércores e mañá, xoves, polo Sindicato de Estudantes, para denunciar os recortes en educación e esixir a retirada da Lei Orgánica par a Mellora da Calidade Educativa (Lomce) – a Lei Wert– polo “seu carácter nostálxico do franquismo».

A folga- secundada so polo Sindicato de Estudantes- quere servir para denunciar o “retroceso en materia educativa co Goberno do PP” que «está a intentar eliminar os fillos dos traballadores do ensino universitario, acabando coa educación pública en beneficio dos centros privados e concertados”.

O Sindicato de Estudantes pide a dimisión do ministro Wert, reclama a readmisión de profesorado despedido, demanda gratuidade de matrículas, que non se faga da FP unha educación de segunda e critica «a españolización da educación» e «o adoutrinamento» a través da relixión.

Nesta liña, o sindicato califica a lei dun texto da dereita radical e advirte que nos próximos dous meses máis de 14.000 alumnos do Estado terán que devolver as súas bolsas do Ministerio.

O acto central da folga será este xoves con manifestacións en diferentes lugares de Galicia, entre eles Compostela, Ferrol, Lugo e Vigo- ás 12-.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.