Vigo al minuto

Milleiros de personas maniféstanse en Vigo en defensa da Sanidade Pública

Cabeceira da manifestación, este mércores diante do xeral/Tresyuno Comunicación

Milleiros de personas atenderon o chamamento da Plataforma Galega pola Sanidade Pública e acudiron este mércores pola tarde á manifestación convocada en Vigo. Baixo unha pancarta na que se leía ‘Pola Sanidade Pública. Que non fagan negocio coa túa saúde’, a mobilización- á que asistiron responsables de centrais sindicais ou de colectivos do personal sanitario, saiu pasadas as 8 do Hospital Xeral para seguir polo centro da cidade.

Os convocantes, denunciaron “os recortes en prestacións, servizos, persoal, privatizacións e copagos, a ausencia de negociación cos sectores afectados e o deterioro na sanidade pública”.A demáis delo subliñaron “a velocidade coa que a Xunta está acabando coa sanidade pública na zona de Galicia na que hai máis personas que dependen dela”.

Os convocantes lembraron, o mesmo día no que entra en vigor a reforma das áreas sanitarias de Galicia, que o goberno galego decidiu que os doentes da Área de Pontevedra e o Salnés “que tiñan de referencia o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, pasen a agora a ter como tal o de Santiago”.

A plataforma volveu a advertir que os pacientes de Oncoloxía, Radioterapia, Ciruxía Torácica, Neurociruxía, Ciruxía Pediátrica, Fecundación in Vitro e Ciruxía Plástica, pasan a depender de Santiago, unha medida que, alerta, “perxudica á cidadanía don concellos da Área de Vigo”.

No manifesto, leído ao finalización da manifestación, os convocantes indicaron que a Sanidade é unha necesidade e un dereito. Ante a enfermidade, precisamos duns servizos sanitarios que nos axuden a mellorar, a sobrelevar a debilidade que nos produce, a sandar. E estes servizos sanitarios deben atendernos a todos e todas por igual, sen discriminacións nin desigualdades”.

Os concentrados lembraron que a igualdade só se garante cunha Sanidade Pública. “Despois de múltiples manifestacións cidadás, hoxe volvemos estar aquí porque este goberno segue a facer oídos xordos ás nosas demandas en defensa da Sanidade Pública”. Porque “desde hai un tempo estase a desmontar a Sanidade Pública e xa non podemos acceder con equidade ao sistema sanitario, incrementáronse as desigualdades de acceso en función dos nosos ingresos, da zona onde vivamos”.

Toda esta situación-continuaron-  agrávase “sendo máis agresiva coas persoas que teñen menos recursos”. “A Sanidade Pública é patrimonio universal da cidadanía, lograda co esforzo de todos, por isto non imos consentir que a privaticen, converténdoa nun nicho de negocio para empresas amigas, vendéndoa por pezas e ao mellor postor”.

Par rematar sinalouse que “esa é a folla de ruta que teñen marcada para os servizos públicos, esa é a súa meta: eliminar a Sanidade Pública para poder facer negocio coa enfermidade das persoas”.

 

También te puede interesar