O alcalde, xunto con representantes de concelleiros de todos os grupos municipais, autoridades civis e militares e representantes do eido económico, cultural, empresarial, docente, vecinal ou económico da cidade, fixo este venres ao mediodía a tradicional ofrenda no monumento a Cachamuiña, na Praza da Independencia e leu o bando, escrito este ano polo director da factoría PSA Peugeot Citroën, Juan Antonio Muñoz Codina.
No mesmo, este veciño da cidade, nado no Calvario, que declárase “vigués militante”, lembrou que Vigo “acolleu a aqueles que chegaban atraídos pola súa industria puxante” e eles foron, continuou “precisamente, as xentes que fixeron posible o milagre da eclosión de Vigo, un pouco caótica, é verdade, pero iso, para os que amamos Vigo, é parte do seu encanto”.
Muñoz Codina lembrou a historia da cidade e a concesión do título de tal por Fernando VII, logo da Reconquista, e o feito de que fora chamada ‘sempre benéfica’ logo de acoller aos soldados que chegaban feridos da Guerra de Cuba.
Agora, decía o director de Citroën, “é, sen dúbida o motor económico de Galicia, responsable, emprendedora, con empresarios que se esforzan e que, paso a paso, con responsabilidade, reconquista o seu futuro”.
O director de PSA remataba o bando diciendo, “quero reivindicar o futuro. Estou certo de que trátase da mellor homenaxe que pódese facer a todos os que con tan pouco fixeron tanto. Leal e valerosa, sí, pero tamén audaz e responsable. Vigo camiña detrás do seu destino e nos, descendendes de aqueles loitadores, temos a obriga de xestionar este patrimonio coa dignidade que nos piden as futuras xeracións”.
Os actos da Reconquista, que podes consultar premendo aquí, empezaron no Casco Vello e seguen pola tarde – nun ano que terá un día máis de celebración, tres xornadas de actos, deste venres ao domingo, que incluirá as tradicionais representacións, postos no Casco Vello, concertos e animación de rúa- ás 6 e cuarto coa representación da destitución da Corporación da Vila de Vigo, na Praza do Berbés.
O domingo, ás 18 horas, a representación da Reconquista da Vila de Vigo, na Porta do Sol. Durante as tres xornadas que dura o evento, a organización programou animación de prazas e rúas con máis de 30 grupos de música tradicional, música e teatro, demostracións de esgrima antiga, foliada infantil, contacontos e exhibicións de cetrería e oficios tradicionais.