Destacados

3.060 cotizantes máis á Seguridade Social en Galicia o mes pasado

A Seguridade Social gañou 3.060 afiliados en marzo en Galicia con respecto ao mes anterior e rexistra unha media de 906.050 cotizantes, segundo os datos publicado este mércores polo Ministerio de Emprego.

Por provincias, Pontevedra contabilizou un incremento medio de 1.099 cotizantes, un 0,36% máis; seguida da Coruña, con 1.064 (o 0,28%); 655 en Lugo (o 0,58%); e 241 en Ourense (o 0,25%).

Por réximes, de media en marzo había 670.352 afiliados ao Xeneral; 21.899 ao de Mar; e 213.799 autónomos. Dos 906.050 cotizantes, 387.953 corresponden á provincia da Coruña; 308.334 a Pontevedra; 113.028 á de Lugo; e 96.734 á de Ourense.

Pola súa banda, a taxa interanual da afiliación media en Galicia rexistrou o pasado mes un caída do 0,44 %, o que supón unha variación de 3.980 cotizantes.

 

También te puede interesar