Vigo al minuto

O alcalde anuncia una “gran mobilización” para que Vigo sexa a sede xudicial central da provincia

O alcalde na concentración 'Salvemos Peinador'/Tresyuno Comunicación

Tras as manifestacións contra a fusión das caixas e a de ‘Salvemos Peinador’, o alcalde adiantou este luns que impulsará unha “gran mobilización” para esixir que Vigo sexa a sede principal do poder xudicial da provincia.

Caballero lembrou que a cidade é a que máis causas xera en Galicia e criticou o Anteproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial (LOPJ), aprobado o pasado venres polo Consello de Ministros que, subliñou, suporá “a desaparición do partido xudicial na cidade”. Na súa opinión, pretender que “Vigo funcione supeditado a Pontevedra, é unha falta de consideración coa primeira cidade do oeste de España”.

O pasado 31 de marzo o Pleno da Corporación acordou, por unanimidade, instar o Goberno a que retirase esta proposta e fixese unha excepción no caso de Vigo para que poidan manter os seus órganos xudiciais.

“A sede oficial de Pontevedra ten que ser Vigo e se o proxecto contempla unha única sede provincial, ten que estar en Vigo”, manifestou o alcalde quen anunciou que enviará cartas “a todos os membros do poder xudicial” e ao presidente da Xunta, reunirase cos representantes do ámbito xudicial para realizar unha demanda colectiva; presentará iniciativas no Congreso dos Deputados, no Senado, no Parlamento de Galicia e na Deputación de Pontevedra.

 

También te puede interesar