Milleiros de personas atenderon a chamada das organizacións sindicais e acudiron esta tarde, en Vigo, á unha nova manifestación para reclamar o indulto para Serafín Rodríguez e Carlos Rivas. Os manifestantes amosáronse moi críticos coa decisión do fiscal de recorrer a medida adoptada pola xuíza do Penal e que evitaba a entrada en prisión dos afectados até que o Consello de Ministros non se pronuncie sobre a segunda petición de indulto formulada polas tres centrais.
Carlos Rivas indicou que o “raio de esperanza” que percibiron tras a decisión da xuíza esfúmase agora co recurso ainda que mantén a confianza en que o indulto– apoiado non so por os sindicatos, senon por corporacións, como a de Vigo e varias asociacións, organización e entidades- chegue antes de que a Audiencia Provincial falle sobre a petición da Fiscalía, algo que, segundo indicou, podería ser en “xuño o xullo”.
Pola súa banda, Serafín Rodríguez asegurou que non entendía o porqué da decisión do fiscal, “logo de que a xuiza estivese dacordo en suspender a aplicación da condena mentres o Ministerio de Xustiza estuda o indulto”. Serafín amosouse convencido de que, finalmente, a xustiza estará do seu lado, “porque esto pódelle pasar a calquera” e lembrou que él sigue coa súa vida normal, “traballando, como calquera outra persona”.
Un dos eidos salientados polos dous traballadores e o “importante apoio social colleitado pola petición de indulto”, e agradeceron a presenza de milleiros de personas na mobilización deste xoves ademáis das preto de 30.000 sinaturas recollidas na rúa e as máis de 6000 a través en Internet pedido a súa total liberdade.