Os concellos que se opoñen á suba do canon de Sogama devolverán integramente as facturas pola xestión dos lixo, segundo o alcalde de Monforte, que é o voceiro do cento de concellos que se opoñen á suba do 34% do recibo da recollida de residuos.
Severino Rodríguez, “segundo o contrato que temos asignado con Sogama os recibos non son correctos porque o contrato di que o prezo do lixo é o establecido máis o IPC”, polo cal, adiantou este mércores, “a factura vai ser devolta co aval do informe de intervención e de secretaría e despois é Sogama quen ten que contestar a ese informe e á devolución”.
Rodríguez acusou á Xunta de levar adiante unha imposición e de “pasarlle a responsabilidade aos concellos” e advertiu que non o van a aceptar considerando que están actuando de xeito legal.