Os mariñeiros do ‘Mar de Marín’, que naufragou o pasado 1 de abril na entrada da Ría, apuntaron a que a causa do accidente poido ser un foco acendido localizado no costado do ‘Baltic Breeze’, que confundiu ao patrón.
O foco, sinalaron, non tiña que estar aceso xa que, pola súa localización no costado do mercante, fixo que o patrón do pesqueiro, que estaba na ponte e que morreu no acidente, se confundise sobre a posición real do cargueiro
Os superviventes indicaron que sentiron tres arremetidas, unha delas moi forte e dous máis pequeñas, e que abriuse un burato no pesqueiro, polo cal entrou a auga que inundou a adega o cal levou ao afundimento en poucos minutos.