Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer más
A presidenta de Ve-la luz foi detida por non atender una citación que asegura non ter recibido
A presidenta da asociación Ve-la luz de apoio ás vítimas de violencia de xénero foi detida este martes por non atender unha citación xudicial para declarar e que ela negou recibir, segundo o seu avogado.
Gloria Vázquez foi detida na sede da asociación a primeira hora da mañá e, tras estar en dependencias policiais, foi trasladada ao xulgado. Alí estaba previsto que prestase declaración pero pospuxose a mesma, debido a que o avogado non tiña acceso ao expediente de todo o caso. Posteriormente quedou en liberdade e, irá a declarar o 17 de xuño.
Sobre o motivo da detención, o letrado afirmou que, polo que tivo constancia, se debeu a que non atendería unha notificación xudicial para prestar declaración e subliñou que a súa clienta non a recibirá.
“Séntese unha vítima”, e apuntou que Gloria Vázquez entende esta medida como ” unha persecución por estar constantemente nos medios”.