Vigo al minuto

O Concello adianta o Plan de Asfaltado das rúas da cidade no que investirá 2 millóns

O alcalde picando pedra/Tresyuno Comunicación

O Concello acelerará o Plan de Asfaltados, dotado con 2 millóns de euros, para mellorar o firme de viais no casco urbano e no rural e, dende esta semana, incorpora 8 personas máis- durante un período de 6 meses- para a mellora do mantemento das rúas da cidade.

Segundo o concelleiro de Fomento, o concello xa rematou o asfaltado de Porto Loureiro, Saa e Baixada a Pontenova, traballa actualmente na estrada ao Monte Alba e comezará nos próximos quince días con Leonardo Alonso, a Avenida do Tranvía, Camiño Areeiro, Camiño Raposeira, a entrada ao CEIP Carballal, Doctor Corbal, Goleta e Severino Cobas.

David Regades informou que estes dias arrancaron obras do plan investimentos municipais con cargo a Aqualia. Tomás Alonso xa está en obras, con data de finalización prevista para o mes de xuño, seguen as fases 1 e 2 de Camelias, que concluirá mes de setembro, e xa concluiron as de Peniche, Enrique Lorenzo e en viais dos cascos históricos.

Ademáis, según Regades, o Concello reforma actualmente a Mariña Española, a rúa Oliveira de Abaixo, Espiñeiro, e Camiño Cancelo, ao tempo que mellora o saneamento de Toural e o abastecemento de Coutadas, obras que se alongarán ata o mes de agosto. También a humanización de Areal -entre o número 106 e a rúa Miragaia- atópase actualmente en obras que rematarán o mes que empeza.

Ademáis, a semana que ven empeza a humanización da rúa Moaña, en Coia, con previsión de tela rematada durante o mes de setembro no que o concelleiro calificou dunha “reforma complexa” pois incorporaranse canalizacións de pluviais, inexistentes actualmente, e se acometerá a renovación das redes de saneamento e abastecemento.

 

También te puede interesar