Xulio Vicente non cometeu un acto de inxurias contra o alcalde de Gondomar. O voceiro da Plataforma de Afectados polas Preferentes do Baixo Miño, quedou absolto da devandita acusación, logo do xuizo celebrado en Baiona hai unha semana.
No mesmo – ao que asistiron o propio Fernando Guitián, que está imputado noutro procedemento, e o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña,– xulgábanse os feitos ocorridos hai un ano , logo dun pleno da Mancomunidaade do Val Miñor. Naquelas datas os afectados protestaban diante do concello contra a quita nos seus aforros aprobada polo Goberno e seguiron aos alcaldes polas rúas de Baiona, unha protesta na que, nun momento, Vicente e Guitián mantiveron un ‘cruzamento de palabras’ que o alcalde de Gondomar considerou inxuriosas e que denunciou, como se ve sen moito resultado.