Vigo al minuto

Máis de 2.500 personas participaron nos cursos municipais de reanimación cardiopulmonar

A concelleira este mércores/Tresyuno Comunicación

Esta formación en reanimación cardiopulmonar funcionou por primeira vez no ano 2012, e ata o 2013, organizáronse sesións teórico prácticas de primeiros auxilios en todos os centros da Concellería de Xuventude (Casa da Xuventude, Vigosónico, Subete ao Castro, Punto Xove). No ano 2013 e dado o éxito acadado nestas charlas, numerosos Centros Educativos solicitaron esta formación para os seus alumnos, sendo no 2014 unhas das actividades con maior participación e aceptación.

Este mércores, durante a rolda de prensa a concelleira de Sanidade e Medio Ambiente participou nunha exhibición dunha destas sesións técnicas que amosan o protocolo a seguir ante unha situación de parada cardiorespiratoria desde que se detecta hasta que llega la ambulancia xa que os primeiros minutos son cruciais para a supervivencia do paciente.

Chus Lago lembrou que desde o Consello Europeo de Resucitación cardiopulmonar aconsella que se estenda á maior parte da poboación posible esta formación. No caso de España, os datos que aporta o Consello Español de RCP di que o 65% das paradas cardiorespiratorias suceden no domicilio das vítimas.

 

También te puede interesar