É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másFeijóo pide o voto para Cañete “que coñece o sector primario galego”
O presidente do PP de Galicia e da Xunta asegurou ao inicio da campaña para as elecións Europeas que o PP “é sinónimo de forza e futuro” e pediu o voto para o seu partido para “non deixar o paso á debilidade e ao pasado”.
Na xa tradicional ‘pegada de carteis’ en Pontevedra, Alberto Núñez Feijóo, xunto co presidente provincial do PP , Rafael Louzán e o candidato Francisco Millán Mon, salientou a importancia destas elecións porque “Europa está en cada concello e cada parroquia de Galicia” e puxo como exemplo o feito de que os emprendedores, que están pendentes das diretivas europeas, aos sectores que dependen das decisións que se toman na UE ou ás infraestructuras que poden facerse con fondos europeos. Feijóo negou que Europa esté lonxe dos asuntos diarios, “Europa está aquí e, por elo, tamén temos que votar e temos que decidir”.
O líder dos populares galegos pediu o voto sinalando que “non é o mesmo contar con representantes que se preocupen polo futuro do Naval que un comisario español ao que danlle igual os problemas dos asteleiros”, en referencia a Joaquín Almunia. “E non é o mesmo contar cun candidato como Arias Cañete, que coñece o sector primario galego, que confiar o noso futuro a alguén que non o coñece”. Feijóo rematou afirmando que tampouco é o mesmo votar por quenes consiguen que “Galicia sexa obxectivo prioritario de Europa que facelo por aqueles que non fan nada por conquerilo”.