Milleiros de personas en Redondela, este sábado, primeiro dos dous días da Festa do Choco

Os comensais, este sábado na carpa do choco/Tresyuno ComunicaciónMilleiros de personas achegáronse este sábado a Redondela, no primeiro día da Festa do Choco 2014. Os comensales non quixeron perserse o desenrolo do concurso gastronómico que, como cada ano, amosou o altísimo nivel dos cociñeiros redondeláns que, tamén este ano, tiveron a mellor materia prima para a elaboración dos seus pratos.

Os impresionantes chocos na súa tinta/Tresyuno Comunicación

Ao mediodía abriuse a carpa que non pechou en todo o día e na que- as mesmos prezos que en 2013- todos aqueles que agardaban para xantar tiveron unha gran variedade para elixir, desde os xa mundialmente coñecidos chocos con arroz, con grelos ao cachelos, á impresionante  empanada de millo, as albóndigas de choco ou a pérola de choco, sen esqencer os chocos á grella.

Diferentes variedades de pratos eleborados con choco/Tresyuno Comunicación

Pasadas as 8 da tarde, o cociñeiro Carlos Barreira era o protagonista dunha demostración de cociña na que todos aqueles que quixeron facerlle preguntas poideron coñecer as súas receitas e recomendacións.

Ao mesmo tempo que a Festa do Choco está aberta a Feira da Artesanía/Tresyuno Comunicación

Ao mesmo tempo, seguía aberta a Feira da Artesanía, e todos os que chegaron a Redondela e aproveitaron para pasar o día, ademáis de ter a oportunidade de achegarse á Illa de San Simón- nalgúns dos viaxes guiados organizados, especialmente, para esta fin de semana- e poder cenar en boa compañía, rematarán esta sábado ao ritmo da Orquesta Yucatán e o grupo Camelot.

Este domingo, a Festa bota a andar as 10 e media da mañá- de xeito que xa se pode tomar o aperitivo na carpa- antes de asistir á actuación da Banda de Música de Redondela, darse unaha volta pola exposición de coches antiguos e, ás 12 e media, o pregón de Roberto Vilar, do programa da TVG ‘Entre familias anda o xogo’.

 

También te puede interesar