A editorial Galaxia presentou a primeira novela-disco en galego, ‘Estamos non verán’ cun concerto no Teatro Principal de Compostela. Durante a actuación, o artista Xoán Curiel e a banda Son+d2 interpretaron temas do disco que será a banda sonora da historia creada pola escritora Charo Pita.
A obra, que pertence á recén inaugurada colección ‘Sonárbore + grandes’, está dedicado a nenos de entre 8 e 12 anos. Esta nova colección parte da compilación ‘Sonárbore’,
A obra conta a historia dun grupo de amigos que, ao empezar o verán, intentarán cumprir o seu sono de formar un grupo de ‘rock and roll’. A creación está escrita en forma de diario e conta coas ilustracións do artista Iván R.