Galicia

Israel engade ao Parlamento de Galicia entre os seus “peores e máis extremistas inimigos” por unha declaración de apoio a Palestina

Un 'valente' soldado do Exército de Israel apunta a un neno palestino

A declaración institucional que tradicionalmente o Parlamento de Galicia aproba con motivo do aniversario do inicio do éxodo do pobo palestino pareceulle mal ao embaixador de Israel Alon Bar, que incluíu á Cámara galega entre os seus “peores e máis extremistas inimigos”.

No mencionado texto, rubricado por todos os deputados, reclámase da comunidade internacional que esixa a Israel “o cumprimento das resolucións de Nacións Unidas o respecto absoluto dos dereitos humanos dos palestinos, o respecto absoluto dos dereitos colectivos do pobo palestino e o recoñecemento do dereito ao retorno das persoas e comunidades ás terras e casas de que foron expulsadas”.

Este último punto é o que molestou o diplomático. “Con esta esixencia, o Parlamento de Galicia únese aos peores e máis extremistas inimigos de Israel, xa que de feito suporía a desaparición do Estado de Israel,”, advirte o embaixador nunha carta remitida á presidenta da Cámara, Pilar Rojo.

Bar subliña que chama a atención sobre que esta petición –“aprobada precisamente o día do aniversario da independencia de Israel”, quéixase -sitúa a Cámara galega “fóra” do “consenso da Unión Europea sobre os parámetros do futuro acordo de paz entre palestinos e israelís”, así como “das posicións defendidas polos sucesivos gobernos de España”.

 

También te puede interesar