Vigo al minuto

Veciños de Teis esixen ao Concello a mellora da rúa Doutor Corbal

A Asociación Veciñal de Teis, ven de esixir ao Concello melloras na rúa Doutor Corbal, que supoña a substitución da rede de abastecemento de auga, saneamento e a adecentamento das beirarrúas.

Segundo indica a Asociación, esta semana entre o xoves e o venres procdedeuse ao asfaltado dun tramo desta rúa, “anunciado desde o Concello xa en reiteradas ocasións dende o verán de 2013”, e logo de que os veciños “demandasen dende hai cinco anos o asfaltado da mesma”.

A asociación vecinal entende que o asfaltado desta rúa debe ser “na súa totalidade” e que as obras non deben de quedarse so en iso senon “na súa completa humanización” xa que, subliñan, a mesma “presenta moi mal estado de conservación, no tramo inicial ate a confluencia co Camiño de Maceiras e, ogo, no tramo final”. Ademáis, os veciños denuncian que as roturas na rede de abastecemento ao final da rúa, fai necesaria “una substitución da mesma , ademáis da rede de saneamento”, unha petición que, indica a asociación, “levamos máis dun ano, reivindicando” e que non se limita a Doutor Corbal, senon que abrangue a Avenida de Galicia, Subida a Ponte, Gerardo Campos Ramos, Campa ou Purificación Saavedra.

 

También te puede interesar