‘A Roda’ in concert

Foto: http://www.grupoaroda.es

O grupo folk A Roda comeza unha xira para presentar o seu novo traballo, un libro-disco titulado ‘Outra volta de roda’. Este recolle “as inqudanzas, as novas experiencia e a madureza” dos integrantes do grupo, segundo eles mesmos explicaron nun comunicado.

Este traballo, que se converte no número 16 do grupo, condensa “case 40 anos” a través da “mirada persoal” de cada un dos participantes.

O disco está composto por 13 cancións ou “voltas de roda” e “son unha “homenaxe” a toda a xente que pasou pola formación.

A xira, que abrangue os meses de maio, xuño, xullo e agosto, e pasará polos concellos coruñeses de Cariño e Ortigueira; polos pontevedreses da Illa de Arousa, Vila de Cruces, Cesantes e a propia cidade de Pontevedra; e polo municipio orensano da Proba de Trives.

 

También te puede interesar