A participación dos cidadáns chamados a votar en Galicia nestas Elección sao Parlamento Europeo era, ás 2 da tarde, dun 20,89 %, segundo os datos facilitados polo Ministerio do Interior.Esta cifra é menor á rexistrada á mesma hora nas mesmas eleccións de 2009, cando foi do 22,15 %.
Un total de 2,7 millóns electores están chamados a votar nestas eleccións en Galicia, un 2,1 % máis que en 2009.
Por provincias, Ourense é a que rexistrou unha maior participación ao alcanzar o 23,25 %. Este dato é inferior ao de 2009, cando neste período xa exercera este dereito o 27,27 % dos votantes.
Pola súa banda, na Coruña a participación a esta hora é do 20,24 %, mentres que en Lugo, xa exercera o seu dereito ao voto o 20,18 % dos chamados a votar, fronte ao 22,54 % rexistrado os pasados comicios europeos.
En Pontevedra votaron ata as duas o 21,25 % dos cidadáns chamados, cifra similar á de 2009, do 21,61 %.