Un servizo clínico que non chega para atender todos os casos, un equipo de recepción, cociña e lavandería insuficiente, falla de persoal para cubrir as quendas das fins de semana e festivos ou falla de sustitución do persoal por vacacións ou permisos.
Esta é a situación que veñen de denunciar- nunha concentracións, este mércores, concentración que causou importantes retencións na Autovía Vigo-Porriño en nas entradas ao hospital- os traballadores do Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes (CRAPD) Vigo II, do Meixoeiro.
Segundo salientaron, hai máis ano, cambiouse a categoría do centro, de xeito que pasou de atender persoas maiores válidas a atender dependentes que, na actualidade, son 105 dos 150 que e que, ainda que esixe pasar por un proceso de adaptación, este non se fixo posto que mentras medrou a carga de traballo, non o fixo nin o persoal nin os medios dos que este dispón o cal sinten os residentes na calidade de atención.
Hoxe hai 29 auxiliares de enfermaría e 7axudantes técnicos sanitarios (ATS), cando, “para cubrir o mínimo dos servizos” fan falla 31 auxiliares e 9 ATS. O mesmo pasa na cociña, na que hai carencia de camareiras, na recepción e na lavandaría, “na que fai falla máis persoal e, ademáis non chega a lenzaría”.
A situación empeora polas tardes, os festivos e as fins de semana, nos que non hai responsables de área nin coordinadores de enfermaría, “función que están a facer empregados aos que nos lles corresponde”.
Todas estas carencias implican constantes modificacións nas súas quendas de traballo que faise ainda máis complicado posto que non se sustitúe o persoal por vacacións ou permisos, “E temos que cubrirnos entre nos”.
Os traballadores adiantaron que seguirán as mobilizacións se non hai un compromiso “por escrito, non de palabra” da secretaría xeral de que “solucionará as deficiencias máis urxentes, aumentará o persoal e mellorarán o equipamento do centro”.