Vigo al minuto

O Concello convoca, de novo, as axudas para estudar inglés no estranxeiro

Así o asegurou este xoves o alcalde quen anticipou que o Concello fará unha convocatoria extraordinaria de bolsas de inglés para aqueles estudantes que poideron optar a elas o curso pasado antes de que “obrigasen” ao goberno local a retirar o orzamento para este programa- dixo Abel Caballero en referencia ao BNG-.

A convocatoria se fará o curso que ven, para que os estudantes poidan viaxar en setembro, sen os problemas derivados do inicio das clases- xusto cando rematen as mesmas en Bacharelato e pasen a Electividade.

Ata o 6 de xuño poderán solicitarse as axudas deste programa, que destinará uns 700.000 € para becar a 290 estudantes. Os requisitos para poder acceder a estas bolsas son: ser estudante de terceiro da ESO, estar empadroado en Vigo e non ter axudas para estudar inglés no estranxeiro por parte de ningún outro organismo.

 

También te puede interesar