A plataforma sindical de traballadores da sanidade pública ven de chama á cidadanía a “rebelarse” contra o peche de camas previsto pola Consellería de Sanidade para este verán e animan a participar nas concentracións deste martes, día 3, ás 10 e media.
CIG, UGT, CCOO, CESM-OMega e CSIF denuncian que hai pacientes que esperan “dende hai máis dun ano” para operarse nalgunha patoloxía en Galicia. “A poboación ten que protestar”, indican ao tempo que advirten de que o peche de camas previsto para o período estival “incrementará o sufrimento” dos enfermos, así como “o paro no sector sanitario” e suporá “máis lucro para a privatización”.
Os sindicatos afirman que é falso que o peche de camas anunciado por Sanidade “teña que ver coas vacacións” dos traballadores. “Non se van todos ao mesmo tempo” e desmentiron que exista un pacto sobre o devandito peche.