O secretario xeral dos socialistas de Galicia declarou este luns, sobre a abdicación do Rei “ábrese un novo escenario para os cidadáns e temos que afrontalo”. Xosé Ramón Gómez Besteiro indicou que “neste novo escenario é tempo para a reforma constitucional baixo o prima do consenso como no ano 1978”.
O líder dos socialistas galegos indicou que logo da abdicación “ábrese un momento de reflexión e non só coa monarquía…os cidadadáns queren falar de gobernanza económica, da financiación do Estado, sa organización territorial…é neste ámbito onde debe afrontarse unha reforma constitucional sensata”.
Besteiro lembrou que os socialistas “somos republicanos” e engadiu que “no ano 75 contribuimos á aceptación dun modelo de monarquía parlamentaria: pensamos que era o mellor para o país e nese proceso de reforma, que é necesaria, non so pola cuestión da Xefatura do Estado, senon porque moitas cousas preocupan aos cidadáns e o xusto é que a sociedade non se estanque, senen que afronte estos problemas de xeito adulto e responsable”.