Varios mergulladores e un can experto en rastrexar, incorporáronse este marte á busca de Manuel González Rodríguez, de 60 anos, veciño de O Barco que desapareceu o pasado xoves. Segundo a Garda Civil, o dispositivo para dar con Manuel despregouse, de novo, pasadas as 10 da mañá e ao mesmo seumáronse mergulladores do Instituto Armado (GEAS) e un guía canino procedente do Servizo Cinolóxico de Madrid, que é experto en corpos mergullados, e tamén unha patrulla de Seguridade Cidadá.
O vehículo de Manuel, un Opel Astra, atopouse o pasado venres preto do dique do Barco de Valdeorras. Hai que lembrar que este veciño de Valdeorras saíu do seu domicilio ás 6 e media da mañá do pasado día 29 para ir de pesca. Pasadas as 2 e media da mañá do venres a súa compañeira sentimental presentou denuncia na Guardia Civil de O Barco. Cando foi visto por última vez o home vestía pantalón vaqueiro, xersei verde e zapatos negros.