Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer másA nova web da Xunta recibiu máis de 2.600.000 visitas nos primeiros tres meses deste ano
949.309 en xaneiro, 1.086.393 en febreiro e 573.102 durante a primeira quincena de marzo. O perfil maioritario do usuario da web institucional, segundo se recolle nos resultados da enquisa Participa!, é o dunha muller (56%) de entre 31 e 45 (58%) anos.
La Xunta de Galicia puxo a disposición dos cidadáns a enquisa Participa! o pasado mes de novembro para coñecer a súa opinión sobre os contidos, o deseño e a accesibilidade da web da Administración Autonómica, que está inmersa nun proceso de renovación que rematará antes do verán. Os resultados desta sondaxe pódense ver xa no enlace Participa! ubicado na portada de www.xunta.es
De xeito complementario ao redeseño da páxina, no último ano fíxose un importante esforzo para coordinar todas as web vinculadas á Administración galega baixo uns criterios mínimos comúns. Deste xeito, se está a crear un catálogo de webs e un directorio ao que o cidadán poderá acceder na nova versión do portal e dispoñer máis facilmente de información sobre as diferentes áreas de servizo. Estas páxinas relacionadas coa Administración atenderán a unhas directrices comúns para o seu deseño e xestión que contribúan a simplificar a súa utilización por parte do usuario.
Visitas nos tres primeiros meses
Entre o pasado mes de xaneiro e os primeiros quince días a web rexistrou un total de 2.608.804 visitas, 949.309 en xaneiro, 1.086.393 en febreiro e 573.102 durante a primeira quincena de marzo. O perfil maioritario do usuario da web institucional, segundo se recolle nos resultados da enquisa Participa!, é o dunha muller (56%) de entre 31 e 45 (58%) anos con estudos universitarios (70%). A porcentaxe de homes é do 44% e con respecto ás franxas de idade o 25 % teñen entre 45 e 65 anos, o 16% entre 18 e 30 e un 1% é menor de 18 anos. O 68% dos enquisados afirmar acceder ao portal da Xunta a diario e un 20% de forma semanal, o 12% restante divídese a partes iguais entre os que fan un uso mensual e esporádico.
O cuarto enlace máis visitado é o da Secretaría Xeral de Política Lingüística con preto de 19.000 entradas, seguida do link da Plataforma de Contratación con 17.600 visitas entre xaneiro e marzo deste ano.
Valoracións
Os enquisados valoraron a situación actual do portal e o seu grao de satisfacción respecto da mesma así como as posibles melloras en aspectos como o visual, a organización dos apartados, a cantidade e calidade dos contidos, as ferramentas dispoñibles, a velocidade de resposta durante a navegación, o nivel de participación dos usuarios, a integración dos servizos de todas as consellerías e a posibilidade de realizar trámites das outras administracións.
En canto ás melloras dos diferentes aspectos da web, unha porcentaxe de entre o 29 e o 35% dos enquisados manifestaron a necesidade de modificar diferentes aspectos da situación actual, fronte a unha porcentaxe de entre o 65 e o 70% que lle concederon entre tres e cinco puntos á imaxe, calidade dos contidos, organización dos apartados, ferramentas dispoñibles, etc. Estes resultados constitúen unha fonte de información relevante para avanzar no proceso de renovación da web da Xunta e transformala nun instrumento de fácil manexo para cidadáns e empresas.