Deportes

Seis do Nadal Coia despide a tempada

O Club Baloncesto Seis do Nadal Coia clausurou o curso 2013/14 das Escolas Deportivas Municipais de Baloncesto e das Ligas Internas de Colexios, Ligas LINCO Linorsa ´14. O evento que congregou a máis de 200 deportistas, tivo lugar no polideportivo de Navia.

Dende outubro os escolares mantiñan entrenamentos de carácter semanal, contabilizando ao final da xornada un total de 196 partidos na Liga Linco e 48 encontros na Liga Linco XL, enmarcado nas competicións das Ligas Internas de Colexios 2014.

No acto realizouse entrega de agasallos aos participantes, e aos árbitros formados por xogadores federados da categoría cadete e júnior do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia. O evento deportivo contou coa presenza do Técnico do Instituto Municipal dos Deportes (IMD), Pablo Alberte; a Presidenta e máis o Director Deportivo do club, Concepción Martins e Sergio González.

 

También te puede interesar