Galicia

A delegada da Xunta en Vigo quere poñernos a todos á sombra

A Delegación Territorial da Xunta en Vigo repartirá mañán, de 11:30 a 13:30 h. no sede de Montero Ríos, 1.000 árbores, dentro dos actos organizados pola Xunta de Galicia con motivo da Semana Forestal previa á celebración do Día Forestal Mundial

dia-del-arbolA Delegación Territorial da Xunta en Vigo será a encargada de repartir 1.000 árbores mañan, dentro dos actos organizados pola Xunta de Galicia con motivo da Semana Forestal previa á celebración do Día Forestal Mundial, o vindeiro domingo, data promovida pola Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO). A partires das 11.30 horas da mañá e ata as 13.30, un equipo do departamento territorial da Consellería de Medio Rural terá dispoñibles 1.000 especies arbóreas para todos os vigueses e viguesas que se queiran achegar ata a sede da Delegación Territorial da Xunta en Vigo a recoller o seu exemplar. Entre as especies que se repartirán, atópanse 400 carballos, 300 cerdeiras e 300 bidueiros para que tanto xóvenes coma maiores tomen conciencia sobre a importancia ambiental e económica do sector forestal na nosa Comunidade Autónoma.

 

Durante o acto, ao que asistirá a delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, tamén se distribuirá material promocional e divulgativo a través duns expositores que se situarán no acceso principal ao edificio administrativo da Xunta de Galicia.

A Delegación Territorial comezou a celebración da Semana Forestal o pasado luns coa prantación de 70 árbores nos montes da Entidade Local Menor de Chenlo, en O Porriño, onde participaron uns 32 nenos e nenas de quinto curso de primaria do CEIP da Ribeira coa finalidade de implicar ao conxunto da poboación galega e á comunidade educativa na concienciación ambiental.

 

 

También te puede interesar