Galicia

Despliegue da Policía no acto no que se agarda a María Osório, en Compostela

Numerosos furgóns e axentes policiais controlan os acesos a Santa Clara, en Compostela, onde se agarda a asistencia a un acto de María Osório, en busca e captura por non entrar en prisión para cumplir a pena imposta pola sua pentenza a Resistencia Galega. Os axentes revisan os coches e tamén identifican ás persoas que se achegan ao acto.

Hai que lembrar que Ceivar convocou o devandito acto no que está previsto que Osório explique a súa situación. Osório está a ser buscada pola Policía desde o pasado 12 de maio por orde xudicial despois de que a sentenza da Audiencia Nacional fíxoa firme o Tribunal Supremo. Ceivar critica que «en lugar de seguir o procedemento habitual e esixirlle que escollese unha data de ingreso no cárcere, os xuíces decretaron directamente a busca e captura unha vez a sentenza foi firme».

A Audiencia Nacional emitiu o pasado ano unha condena por terrorismo en relación a Resistencia Galega con penas de entre 10 e 18 anos de cárcere para o catro primeiros activistas xulgados deste grupo radical independentista.

Fotografía: Twitter

A maior condena recaera sobre Eduardo Vigo Domínguez e Roberto Rodríguez Fiallega -18 anos de prisión para cada un-, polos delitos de participación en organización terrorista -8 anos-, falsificación de documento oficial con fins terroristas -outros dous- e tenencia de explosivos con fins terroristas -oito anos-.

Para Antón Santos Pérez e María Osório López a pena foi de dez anos para cada un, oito por participación en organización terrorista e outros dous por falsificación en documento oficial con fins terroristas.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.