Vigo al minuto

Prácticas no estranxeiro para estudantes da Universidade de Vigo (Uvigo)

O convenio de cooperación educativa entre a Deputación de Ourense e a Universidade de Vigo (Uvigo) permite aos alumnos realizar prácticas académicas en países estranxeiros para mellorar a súa formación, así como a súa inclusión no aspecto laboral. A medida busca regular a maiores, as prácticas a estudantes doutras universidades españolas e estranxeiras que se atopen na universidade situada na cidade olívica.

A duración das prácticas dependerá do plan de estudios vixente. O alumnado contará cun titor da Uvigo e outro da Deputación de Ourense, o cal remitirá un informe final o centro universitario vigués, recollendo o número de horas adicadas, capacidade de aprendizaxe e técnica, habilidades de comunicación ou capacidade de traballo en equipo.

Os dous convenios de colaboración cifran o importe en 175.000 euros, cantidade destinada ás bolsas de mobilidade Ourense Exterior. O acordo que celebra a súa terceira edición ten como obxectivo o “desenvolvemento de programas e actividades de difusión cultural, investigación e formación” no Campus de Ourense. Nos próximos días, constituirase a comisión de seguimento dos convenios.

 

También te puede interesar