Galicia

O 40,5% d@s galeg@s adult@s ten sobrepeso

Esto fai que Galicia sexa a segunda comunidade do Estado con maior índice de sobrepeso nesa franxa poboacional, segundo un estudo elaborado polo Grupo DKV.

Esta porcentaxe baixa ata o 19% no caso da obesidade fronte ao 38,8% dos galegos que sí están no seu peso ideal. No caso dos nenos, preto de 25 de cada 100 ten sobrepeso e máis do 10 % padece de obesidade.

DKV empeza unha xira por máis de 25 cidades co obxectivo de fomentar os hábitos de vida saudables a través de ‘Charlas de Nutrición’ gratuítas nas que se abordan as pautas de alimentación máis axeitadas para potenciar a saúde de nenos e maiores.

No conxunto do Estado, a obesidade aumentou do 7,4 ao 17 % nos últimos 25 anos, de feito que, de cada 100 adultos de 18 e máis anos, 17 padecen obesidade e 37 presentan sobrepeso e, de cada 10 nenos e adolescentes (de 2 a 17 anos), dous teñen sobrepeso e un obesidade.

Así mesmo, seguen unha tendencia ascendente as patoloxías crónicas de hipertensión arterial, colesterol elevado, obesidade e diabete, onde os hábitos alimenticios poden contribuír á súa mellora.

 

También te puede interesar