A Deputación de Pontevedra ven de aprobar destinar 275.000 € para financiar os servizos sociais comunitarios e o Servizo de Axuda no Fogar de Cotobade, Covelo, Cuntis, Dozón, Moaña, O Grove e Portas, como parte do Plan de Cofinanciamento dous Servizos Sociais Comunitarios deste 2014.
Os sete concellos xa presentaron as correspondentes certificacións e o proxecto dos servizos que prestan, polo que a Xunta aprobou a concesión das correspondentes axudas.
O 35 % da axuda, 96.250 €, ingresaranse xa debido a que as bases para a concesión das axudas establecen que se lle concederá ese anticipo no mesmo momento no que presenten a solicitude e o plan de actuación de forma completa.
O concello que máis cantidade recibirá é o de Moaña, con 70.050,38 €, seguido de O Grove, que levará 50.189,58 €. Pola contra, o que menos percibirá será Portas, con 29.806,50. O resto de concellos reciben todos en torno a 30.000 €.