Galicia

Dous mortos e 83 feridos nas estradas galegas a pasada fin de semana

061 atendeu a un total de 83 persoas debido a 58 accidentes de tráfico rexistrados a fin de semana na rede viaria galega, das que dous delas morreron.

A Central de Coordinación do 061 recibiu, entre as 3 da tarde dio venres e as 12 da noite do domingo 68 chamadas en relación cos accidentes de tráfico durante a fin de semana. O maior número de atencións por sinistros rexistrouse o sábado, con 24 incidentes.

En 67 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes, en 14 ocasións recibiron asistencia sen necesitar traslado e dous faleceron no lugar do accidente.

Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 81. En concreto, as ambulancias medicalizadas acudiron a seis sinistros; as asistenciais realizaron 62 saídas; e as concertadas, dous; mentres que os médicos de Atención Primaria prestaron asistencia en oito ocasións. ademais, os helicópteros medicalizados atenderon tres persoas.

Por provincias, Pontevedra foi a que rexistrou máis accidentes, con 23, durante os desprazamentos da fin de semana; seguida de A Coruña, con 20; Lugo, con dez, e Ourense, cinco.

 

También te puede interesar