Vigo al minuto

Este xoves podes coñecer a nova moda de Vigo no desfile de moda ‘Escaparate 2014’, na Porta do Sol

Chámase ‘Escapararte 2014’ e ven sendo a versión viguesa da Pasarela Cibeles, tanto que o nome alternativo é ‘Pasarela de Sol’– ‘Passerelle Sol’ ou ‘Passerella di Sole’, usando o francés e o italiano que pegan máis no mundo da moda. A diferencia é que está pensada para darlle a oportunidade a novos creadores en eidos tan distintos como a moda, o audoviosual, o deseño, ou o estilismo.

A mesma propón un  un “novidoso desfile ao aire libre”– o xoves, día 26, ás 9 e media da noite na Porta do Sol, no que os novos creadores compartirán pasarela con consagradas firmas como Patricia Avendaño e Selmark. O Concello organiza este evento coa colaboración da Federación de Comercio Vigo Histórico, a Escola de Deseño Goymar, o Instituto Audiovisual de Vigo e o IES de Teis.

Trátase, segundo os organizadores, dunha “aposta decidida” para impulsar  Vigo como cidade á vangarda, con mozos formados e emprendedores que, ademáis, presentan creacións íntegramente fabricadas na cidade.

 

También te puede interesar