A Asociación Veciñal de Teis, ven de denunciar, de novo, máis roturas da rede de abastecemento de auga nunha parte das rúas do barrio, “que padecemos desde fai anos, sen que o goberno municipal esixa a concesionaria Aqualia, un plan de renovación das redes de abastecemento e saneamento que recolla todas as rúas con roturas”.
A asociación lembra que, durante a elaboración e tramitación do orzamento municipal de 2014, está asociación solicitou, tanto ao goberno municipal como ao Partido Popular, a inclusión dunha partida de mellora da rede de abastecemento de auga nos orzamentos, durante o período de alegacións aos orzamentos “solicitamos a inclusión dunha partida que permita a substitución das tubaxes actuais, por un importe de 250.000 €, alegación que foi rexeitada no Pleno de aprobación do orzamento municipal celebrado este mes”.
Segundo os responsables da asociación, o pasado sábado e este mércores, na avenida de Galicia, o martes no camiño de Cancelo e fai unha semana na Subida a Ponte, volveron a producirse varias averías- a deste mércores pola mañá, á altura da igrexa da Nosa Señora das Neves, provocou unha vez máis o corte do suministro de auga dende as 8 “corte que aínda se mantén”-.
Está continuas roturas, salienta a asociación, “provocan molestias a veciñanza, pois hai corte do suministro, nalgún caso inundacións de baixos comerciais e amosa a falta de control sobre as concesionarias dos servizos municipais”.