Vigo al minuto

Manifestación do Orgullo LGTB en Vigo

Baixo o lema Polos Dereitos Humanos LGTB, esta tarde terá lugar unha manifestación polo Día do Orgullo con saída ás 20:00 horas dende Urzaiz. O percorrido finalizará na Praza da Pedra coa lectura do manifesto a cargo de Beatriz Suárez Briones. A continuación, o evento proseguirá cun ambiente festivo na Praza da Pedra coas actuacións de La Prohibida e Dj Pablo Senra.

A asociación Nós Mesmas denuncia a situación discriminatoria na que se atopa o colectivo LGTB a nivel mundial, véanse as modificacións no ámbito comunitario para impedir o matrimonio entre persoas homosexuais, así como condenas ou penas de mortes traspasando as fronteiras e destruíndo os Dereitos Humanos fundamentais.

A manifestación inclúese na semana do Orgullo Vigo 2014. Na xornada de mañán domingo 29, as 13:00 horas realizan un encontro-xantar de mulleres en Alcabre. Ademais, mantense en activo a exposición fotográfica na Praza Princesa e na Biblioteca Pública.

 

You may also like