Galicia

Dous mortos e 60 feridos nas estradas galegas a pasada fin de semana

O 061 atendeu a 60 persoas debido a 42 accidentes de tráfico rexistrados a fin de semana na rede viaria galega, das que dúas faleceron.

Segundo a Central de Coordinación do 061, recibiu 55 chamadas en relación con accidentes de tráfico. O maior número de atencións por sinistros rexistrouse o sábado, con 19 incidentes. As ambulancias medicalizadas realizaron catro saídas; as asistenciais, 43, e as concertadas, dúas; mentres que os helicópteros medicalizados asistiron dúas persoas e os médicos de Atención Primaria prestaron asistencia en catro ocasións.

En 51 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes, en sete ocasións recibiron asistencia no lugar do accidente sen necesitar traslado e dúas persoas faleceron no lugar do accidente.

A Coruña, con 17, foi a provincia que rexistrou máis accidentes de tráfico durante os desprazamentos da fin de semana; seguida de Pontevedra, con 12; Lugo, con 7 e Ourense, con 6.

 

También te puede interesar