Galicia

12.623 persoas emigraron de Galicia en 2013, un 24,6% máis que o ano anterior

Galicia perdeu o ano pasado 14.763 habitantes de xeito que a poboación total pasou de 2.761.970 a 2.747.207 residentes, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística coñecidos este luns.

Os devanditos datos sinalan que en 2013 hubo una entrada de 8.721 persoas a Galicia e unha saída, cara á emigración de 12.623. Así, mentres en todo o 2012 emigraron de Galicia 10.130 persoas, ao longo de 2013 esta cifra aumentou en 2.493 emigrantes chegando aos 12.623, un 24,6% máis.

Por provincias, Pontevedra tivo o peor saldo migratorio perdendo  1.568 persoas; seguida de A Coruña -1.429 residentes menos-; Ourense -cun descenso de 738 habitantes- e Lugo -cun decrecemento de 168 persoas-.

Das 12.623 persoas que emigraron, 4.324 o fixeron a países da Unión Europea, 1.222 a países del resto de Europa. Houbo 4.911 emigrantes a países de Sudamérica, 792 viaxaron a países de América do Norte, 626 a África, 488 a Centro América, 195 a Asia e 66 a Oceanía.

 

También te puede interesar